venres, 13 de marzo de 2020

2º obradoiro con S.I., pensando nos nosos proxectos

Luns  e martes (2 e 3 de marzo) estiveron con nós Clara e Ángela de Solidaridade Internacional para facer o segundo obradoiro do proxecto "Horizonte 2030: construindo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora". 

Logo de saber cales son os 17 Obxectivos de desenvolvemento sostible 1º A elixiu traballar no Obxectivo 5: "Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas".

E 1º B decidiu centrarse no Obxectivo 13: "Combater o cambio climático e os seus efectos". 


Nos talleres fixeron xogos de rol, cada grupo do seu tema. Resultaron moi divertidos. De feito, creo que temos no instituto un interesante berce de futuros actores e actrices. 

Agora toca ir pensando nos proxectos concretos cos que poderemos poñer o noso gran de area local para contribuir ao obxectivo global. 

Aquí está o grupo de 1º ESO A preparándose para o xogo de rol sobre a igualdade de mulleres e homes: 







E 1º B co xogo de rol sobre medioambiente: 







Seguiremos pensando, pescudando e propoñendo...




Ningún comentario:

Publicar un comentario