Inspirándonos no profesor Merlí da serie do mesmo nome, no capítulo sobre Aristóteles, propuxémonos recabar algunhas ideas propias sobre a felicidade (eudaimonía), para logo comparar ou discutir coas propostas aristotélicas.
Isto foi o que saíu:
A felicidade só é se se comparte.
A felicidade é saber apreciar cada momento sen ser pesimista.
Para min, a felicidade verdadeira non existe, pero si que hai felicidade na traquilidade, por exemplo. Os trazos de felicidade atópoos nos pequenos detalles do día a día.
Felicidade é que o teu equipo gane un partido no último minuto.
Penso que a felicidade é algo que só certos ollos poden ver. Atópase no sorriso dun neno nese aprobado nos brazos dunha nai cando colle ao seu fillo por primeira vez no primeiro bico dunha parella, na canción que te trae tantas lembranzas, en facer o que te gusta, quedarte horas falando con esa persoa... En resumo, a felicidade atópase en pequeno detalles e momentos que fan que os malos non teñan cabida. Son só dez letras pero cada vez que alguén amosa un sorriso ou ese brillo nos ollos, sabemos que está aí aínda que coste atopala.
Para min a felicidade é vivir sen preocupacións.
A felicidade, máis que un estado de ánimo, é un camiño a construir, de busca e traballo para chegar a ela. Por outra parte, considero que a felicidade é moi relativa.
Felicidade é erguerse cada mañá coa conciencia tranquila.
Aristóteles |
Ningún comentario:
Publicar un comentario