mércores, 13 de abril de 2016

Perto de Colombia

Este pasado luns  (11 de abril) estivo con nós o director da Fundación Forjando futuros, Gerardo Vega. Acababa de chegar de Medellín, Colombia,  aínda que non nos deixou entrever o jet-lag que estaba sufrindo:) 
Comezou a súa charla ubicándonos na realidade dos datos básicos sobre Colombia para logo ir meténdose -meténdonos- no conflito armado no que vive o seu país desde hai máis de 50 anos.  O máis interesante -pensamos- estivo en como nos foi relatando o proceso de ir poñendo vías de pacíficación para encamiñar solucións aos problemas das víctimas, dos sobrevivintes.  Falounos de como tratan de reparar o daño causado a través de loitas pola devolución de terras, e o uso de medios de comunicación como a televisión, a radio, os folletos... Un traballo enorme e admirable. 

O alumnado de 2º e 4º púxose logo a traballar por grupos dirixido por Ros: realizaron materiais para un noticiario sobre o aprendido. Algúns dos ttitulares resultantes foron: 


  •  Produciuse un desprazamento forzado de 5,3 millóns de persoas. 
  •  Máis de 5.000 menores de idade foron enviados a loitar á guerra (mediante ameazas).
  • O Estado era consciente da situación que se estaba a producir no país, pero non interviu nesta inxustiza.
  •  Utilízanse programas de TV de entre 1 e 30 minutos para axudar ás vítimas ou para informar á xente.
  • 17 persoas que colaboraban foron asasinadas por este tipo de cousas, polo que agora teñen que ir con máis seguridade e tomar máis medidas. 
  •  Pasaron 15 anos para que 18 familias recuperaran as súas terras e a súa vida. 
  • Realizaron 1.400 melloras en vivendas para que a xente poida vivir como se merece. 
  • Só 1 chico de cada 11 chega á universidade. 
Bo traballo, mozos e mozas. Laura foi a encargada das fotos:















 



Grazas aos organizadores e monitores do proxecto por poñer tanto interese e ilusión!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario