domingo, 6 de marzo de 2016

Asinaria e o "homo homini lupus"


O pasado martes 1 de marzo asistimos á representación da comedia latina Asinaria ou A comedia dos asnos, de Plauto.

Foi no teatro Colón, no marco do Teatro grecolatino organizado pola Sociedade de Estudios Clásicos. E o grupo de teatro que a representou chámase Párodos (como unha das partes da comedia latina) e é de Talarrubias, en Badaxoz.

Asinaria ou Comedia dos asnos (asno dise asinus, en latín) é unha obra cómica escrita polo comediógrafo latino Tito Maccio Plauto (254 a.C. - 184 a.C.), que se converteu nunha das grandes obras da literatura universal antiga e da comedia romana. Esta obra contén a frase «Lupus est homo homini non homo quom qualis sit non novit» («Lobo é o home para o home, e non home, cando descoñece quen é o outro»).

A posta en escena, actualizada e moi divertida, encantounos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario