O pasado venres 24 de xaneiro fomos en tren cun grupo de 10 alumnos e alumnas (desde 3º ESO ata 2º Bacharelato) para participar presencialmente na primeira fase da Olimpíada filosófica galega que nesta edición leva como título "O poder do mito". Pariticipamos nas modalidades de dilemas morais e de disertacións.
Durante hora e media o alumnado de bacharelato houbo disertar en torno ao "O mito do camiño ou o camiño do mito? (os novos relatos
de viaxes. O peregrino como heroe. A ficción do camiño como
prototipo da globalización. Construción de mitos ao redor dun
mito fundacional. A pervivencia da historia como lenda)". E o alumnado da ESO tivo que analizar e tomar decisións (teóricas) en torno a un dilema baseado na obra Un inimigo do pobo, de H. Ibsen.
|
Na proba de dilemas |
|
Antes da proba |
Deu tempo a algunhas visitas por Santiago: o Paraningo da Universidade, a catedral....
... e tamén unha exposición de Yano Yoro na Galiciana.
Unha preciosa experiencia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario