Os pasados luns 16 e martes 17 recibimos a Clara e Carolina de Solidaridade Internacional, con quen comezamos un novo de proxecto de "Horizonte 2030: Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora". Comezamos a situarnos no mundo para que logo nos poidamos centrar no Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e elixir a temática sobre a que traballaremos ata final de curso co obxectivo de realizar un proxecto desde unha problemática que nos afecte localmente e teña repercusión global.
Empezamos con moi bo pé. Esperamos que a ilusión continúe e se multiplique.
Unha actividade que promete!
Ningún comentario:
Publicar un comentario