domingo, 20 de xaneiro de 2019

Participando na VI Olimpíada filosófica de Galicia

O equipo de concursantes ao completo
O pasado venres 18 de xaneiro encamiñámonos a Santiago de Compostela, á Facultade de Filosofía, para poñer en marcha todas as nosas capacidades e habilidades na primeira fase da VI Olimpíada filosófica de Galicia, centrada neste curso no tema de "Realidade e aparencia".


Desta volta, fomos en tren ata Santiago unha tropa bastante numerosa: de 4º de ESO, na realización de dilemas morais participaron Sofía Chans, Paula Parga e Adela Villar; e na modalidade de disertación filosófica Nerea Iglesias, Miguel Pérez, Rubén Ponte e Alba Vázquez, de 1º Bach, e Claudia González López e Rebeca París, de 2º Bach. 

Sen ir ata Santiago, nesta edición da Olimpíada filosófica concursamos por primeira vez na modalidade de vídeo, co que cando menos practicamos con intensidade a colaboración en equipo. 


Partimos cheos de ilusión e nervios e regresamos felices, coa sensación de telo dado todo. 












Unha alegría compartir esta xornada!
Coas dúas Marías



As profes, Francisca e África
Preciosa imaxe da catedral captada por Claudia





Contamos con volver o 14 de marzo para
o acto final da Olimpíada!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario