luns, 5 de xuño de 2017

Proxecto Acampa, cos refuxiados de Siria







O pasado martes 31 de maio recibimos a visita de representante do proxecto Acampa para falarnos da situación dos refuxiados de Siria. En particular, viñeron Xurxo Calle, Maca Silva e Isabel López. O profesor Xurxo comezou facendo unha introdución sobre Siria, como era antes da guerra e o que supuxo e supón a guerra civil que xa dura máis de cinco anos. 

A médica Maca contounos de forma vívida como é a situación nos campos de refuxiados, onde estivo traballado. E, finalmente, a profesora Isabel López, expúxonos o proxecto Acampa como forma de poñer o noso gran de solidaridade cos refuxiados desa cruel e longa guerra desde aquí. 



 


 Moitísimas grazas polo labor de sensibilización que realizan!

Ningún comentario:

Publicar un comentario