O pasado venres 22 de abril visitamos as instalacións da Cruz Vermella en Coruña, co grupo de 1º ESO A. Vimos un vídeo introdutorio sobre esta institución, percorrimos o centro de día e o de chamadas e rematamos cunha ampla e boa explicación do funcionamento das ambulancias.
Foi un grupo moi participativo e vivaz desde o primeiro momento.
Explicáronnos con detalle todos os tipos de chamadas que fan diariamente. Unha cantidade enorme!
A explicación das ambulancias, coma sempre, a máis interesante e divertida :)
Agora tócalles ir aos outros grupos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario