Como xa dixeramos, nesta ocasión celebramos o día das mulleres cunha exposición de citas de mulleres e algún home de corte feminista.
Intentamos ir perdendo medo á palabra "feminismo" e a dicir "eu son feminista". Queremos desfacer o tópico malentendido que fai do feminismo o antónimo simétrico de machismo, algo totalmente equivocado.
Entendemos o feminismo como a loita pola igualdade completa de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes.
Estes días tivemos a oportunidade de mirar as citas feministas de personalidades moi variadas, unhas moi moderadas outras máis radicais, todas interesantes. Desde mulleres coñecidas pola súa feminidade como Marilyn Monroe ou Carolina Herrera ata feministas radicais como Judith Butler.
Neste vídeo podedes ver as preferencias dalgunhas alumnas e alumnos (e da profesora Xulia Regueiro) nun photo-call con música de Guadi Galego, "Matriarcas" que podedes ver en youtube
Aproveito para recomendarvos a lectura dos dous libros ilustrados de Isabel Ruiz Ruiz, Mujeres e Mujeres 2, e tamén Mamá, quiero ser feminista, de Carmen G. de la Cueva.
Boas lecturas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario