venres, 1 de xaneiro de 2016

Ano novo


Empeza hoxe o ano novo ou así se di. E por que empeza agora e non noutro momento sería unha boa pregunta filosófica, non si? Neste artigo do xornal El País fálase un pouco desta historia.

De que a data do 1 de xaneiro é bastante convencional, de que o noso calendario, o gregoriano, non é o seguido en todas as partes do mundo. É ben coñecido que para os chineses o novo ano comeza "nunha data variable entre os meses de febreiro e marzo do noso calendario gregoriano. O ano novo nos países rexidos polo calendario musulmán empeza co mes de Muharram, tamén nunha data variable que en 2015 coincidíu co 14 de outubro, cando se inaugurou o ano 1437 da era da Héxira. Na India, o ano novo tamén se celebrou o pasado novembro, na primeira lúa nova do mes de Kartika, aínda que, como no caso xudeo e outros, o mes en que se celebra o ano novo non é necesariamente o mesmo no que oficialmente comeza o calendario".
En todo caso, celebremos con alegría este ano que comeza e non deixemos de enchernos de bos propósitos... para logo poder cumprir algún:)


Calendario chinés, segundo o cal
estamos no ano do mono


Ningún comentario:

Publicar un comentario