domingo, 12 de novembro de 2017

Eudaimonía aristotélica e nosa

Inspirándonos no profesor Merlí da serie do mesmo nome, no capítulo sobre Aristóteles, propuxémonos recabar algunhas ideas propias sobre a felicidade (eudaimonía), para logo comparar ou discutir coas propostas aristotélicas. 

xoves, 9 de novembro de 2017

A arte que nos fai pensar




O pasado  martes 31 de outubro o alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato e 2º STI visitamos o MAC (Museo de Arte Contemporánea) para ver as exposicións da pintora Lita Cabellut e do fotógrafo Pablo Genovés. 


domingo, 5 de novembro de 2017

A filosofía fainos máis felices ou máis desgraciados?

En 4º ESO botamos a filosofar, cunhas primeiras disertacións en torno á cuestión de se a filosofía fainos máis felices ou menos

Daniel Rosua medita do seguinte xeito: 

La filosofía es considerada por muchos como una herramienta intangible que nos ayuda a resolver los problemas que nos tira la vida y darnos cuenta de quiénes somos en realidad. Pero, ¿Qué pasaría si este conocimiento no nos hiciese más completos y felices, sino más tristes y miserables? ¿En verdad vale la pena aprender filosofía si es así? ¿No estaríamos mejor sin saberlo?

No lo creo. A mi parecer, la filosofía te permite analizar el mundo más profundamente y entender, de una manera u otra, por qué las cosas son como son. Este, evidentemente, nos puede afectar negativamente, pues si queremos ver el mundo por lo que es debemos también reconocer sus partes malas. 

Sí, hay personas que viven y mueren por menos de 1 euro al día, sí, hay niños que en su vida solo verán muerte y enfermedad; sí todo lo que tenemos se hizo posible de la mano endeble y fina de hombres y mujeres hambrientos. Pero a pesar de esto la filosofía también nos presta herramientas para intentar resolver estos fallos. 

Y es por eso que no creo que la filosofía te haga alguien triste o amargo, porque independientemente de lo que veas mal en el mundo, en tu país, en tu ciudad o incluso en tu casa, siempre habrá una solución posible y una manera viable de resolverla. Pero eso peso no cae solamente en tus hombros, sino en lo de toda aquella persona que es consciente de lo que ocurre y  decide prestar su ayuda para cambiar no importa lo pequeña que sea, aunque sea una mínima donación o un magnánimo voluntariado. lo que entristece a una persona es no actuar es sentirse impotente es frustrarse con algo que no debería sino motivarlo. 

E Nerea Iglesias, así: 

A filosofía baséase en darlle voltas ás cousas e isto pode ser un problema porque pode ser que aos filósofos lles doa a cabeza pero mirándoo pola parte positiva tamén pode ser moi bo porque nos axuda a coñecernos máis como persoas e , é posible que poida dar resposta a moitas preguntas da vida como: Quen somos? A onde imos? etc.

Respecto á primeira pregunta, A filosofía fainos máis felices?, eu penso que si porque te fai plantear a vida doutra maneira, axúdaste a ti mesmo a coñecerte máis, plantéxaste moitas preguntas e tamén creo que que dalgún modo te axuda a madurar. 

Respecto á segunda pregunta, A filosofía fainos máis desgraciados?, penso que para esta pregunta non hai unha resposta clara xa que non todas as persoas pensamos igual. No meu caso penso que si, diráseme: Como podes pensar que nos fai desgraciados, se antes dixestes que nos fai felices? Eu respondo que para min hai varias opcións de resposta proque estou dándolle volta á pregunta estou filosofando, e síntome ben pero á vez, dóeme un pouco a cabeza. 

Para rematar penso que este tema dá moito que falar e creo que ninguén via poder dar unha resposta exacta e definitiva, senón a filosofía non tería sentido. 

A miña pregunta agora é: Sen filosofía, a vida tería sentido?





Penso que non está nada mal para comezar... 

  

venres, 15 de setembro de 2017

Comezamos dicíndolle SI á filosofía



Iniciamos un novo curso como sempre con renovada enerxía. Se cadra desta volta aínda con máis forza posto que queremos comezar co berro -metafórico-  de FILOSOFÍA SI!!

luns, 5 de xuño de 2017

Proxecto Acampa, cos refuxiados de Siria







O pasado martes 31 de maio recibimos a visita de representante do proxecto Acampa para falarnos da situación dos refuxiados de Siria. En particular, viñeron Xurxo Calle, Maca Silva e Isabel López. O profesor Xurxo comezou facendo unha introdución sobre Siria, como era antes da guerra e o que supuxo e supón a guerra civil que xa dura máis de cinco anos. 

A médica Maca contounos de forma vívida como é a situación nos campos de refuxiados, onde estivo traballado. E, finalmente, a profesora Isabel López, expúxonos o proxecto Acampa como forma de poñer o noso gran de solidaridade cos refuxiados desa cruel e longa guerra desde aquí. 



 


 Moitísimas grazas polo labor de sensibilización que realizan!