Iniciamos un novo curso como sempre con renovada enerxía. Se cadra desta volta aínda con máis forza posto que queremos comezar co berro -metafórico- de FILOSOFÍA SI!!
Explicámonos. Desde o pasado curso, coa implantación completa da LOMCE (a máis recente lei de educación e coa que estamos, como ben sabedes), entre outros moitos cambios, eliminouse o carácter obrigatorio da materia de Historia da filosofía en 2º de Bacharelato, tal e como era desde hai moito tempo. Isto levou a un grupo de profesorado e xente do mundo cultural a realizar unha campaña de recollida de sinaturas para levar ao parlamento galego unha iniciativa popular demandando que se volva a poñer...

O sistema educativo no que estamos precisa unha gran revisión que vai máis alá de poñer máis horas de filosofía -ou de calquera materia-, pero con esta demanda se trata de contribuir cun gran da area a ter espazos para debater e pensar. Por suposto, isto pode -e debe, diría eu- facer en calquera materia, mais a filosofía é o lugar por excelencia e por iso é significativo perdelo e imos loitar contra iso.
Temos a proposta de amosar que a filosofía nos importa, enviando un tuit (un chío), con citas, vídeos ou calquera contribución de tipo filosófico usando o hastag #Chíapolafilosofía. Nós engadimos o noso #Filolugrís...
Que ninguén cale! Queremos escoitar todos os chíos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario