Este pasado mércores visitou a 1º ESO C María Díaz, representante da
Fundación Vicente Ferrer en Galicia. Logo de contarnos que fai esta organización e de situarnos na India, máis concretamente nos estados de Telangana e de Andhara Pradesh, onde traballa esta fundación, vimos o vídeo "
El sueño de Gowthami" e a partir de aí puxémonos en situación. A través dun xogo de rol tres grupos mudaron en tres familias cuxos membros debían argumentar e logo decidir se Gowthami podería ir a estudar.
As familias entraron tanto no papel que as discusións foron ben intensas e as decisións complicadas: só unha familia permitiu deixar estudar a Gowthami ;) ...Case como na India real.

Moitas grazas, María, por esta "viaxe empática" ata as nenas da India!
Ningún comentario:
Publicar un comentario