Hoxe, 29 de xaneiro, o alumnado de primeiro de bacharelato fixemos unha excursión á Radio Nacional, unha visita moi entretida. Ao chegar, mostráronos varios aparellos antigos que hoxe en día utilizamos doutra maneira máis sinxela grazas aos avances en tecnoloxía. Logo, fomos a un dos estudos para observar como funcionaba e alí, algúns dos meus compañeiros puideron vivir unha experiencia nova: probar a voz, os micros etc, e aí rematamos a visita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario