A lóxica binaria é aquela que clasifica os feitos en verdadeiros ou falsos, só hai esas dúas posibilidades. É moi útil desde unha perspectiva obxectiva. O problema chega cando intentamos aplicala desde unha perspectiva subxectiva, porque na vida non é todo branco e negro, hai outras moitas cores.
Un claro exemplo disto son os paradoxos, imposibles de resolver mediante a lóxica binaria. Un paradoxo pode ser: un alumno fai un exame tipo test no que a última pregunta di se a proba ou suspende, e o alumno marca "suspende". Cando o corrixe o profesor e chega a esa preguna, atópase que se está ben aproba e se non, suspende. Neste caso, se o profesor di que é correcta convértese en falsa, e se di que é falsa convértese en verdadeira. O profesor deberá decidir se aproba ou suspende segundo o seu criterio, deixando de lado a lóxica binaria.
O mesmo ocorre cos sentimentos, as metáforas, as emocións... Non seguen un patrón de comportamento, en cada persoa son diferentes. É imposible determinar se son verdadeiras ou falsas, porque o que pode ser falso para min, pode ser verdadeiro para outra persoa.
Por exemplo, o enunciado "En 1º de Bacharelato estiven moi estresada e agobiada" para min é verdadeiro, pero para Mariña, que estudou en EEUU, é falso.
Por todo isto a lóxica binaria non pode explicalo todo, só pode explicar os feitos obxectivos.
Lara López Suárez

En fin, unha persoa dependendo da opinión da xente, só é o que ten no cerebro, ao mellor pensamos que non, pero ao final estamos atrapados na nosa mente, dentro de nós, un código binario. Se non é así unha persoa que perde partes do cerebro por enfermidades seguiría sendo o mesmo.
Para concluir: Que somos dentro da noso corpo, un código binario ou algo que pode ser entre o apagado e o encendido?
Para concluir: Que somos dentro da noso corpo, un código binario ou algo que pode ser entre o apagado e o encendido?
Arlinn Harriswangler
Ningún comentario:
Publicar un comentario