O alumnado de Psicoloxía realizou unhas liñas de tempo moi chulas utilizando diferentes aplicacións nas que resumen as primeiras correntes teóricas da Psicoloxía como ciencia.
Velaquí algunhas delas:
Realizada por Hugo Costoya |
O martes 22, como broche de fin de curso, a comisión de igualdade (particularmente Jorge Gutiérrez, Valeria Fernández, Jay Cameán, Sam López, Zoe e Carolina) organizaron unha xincana na que había dous itinerarios de pistas , todas elas relacionadas coas Aulas en feminino do centro.
Xogou todo o alumnado de 1º ESO.
Empezamos o mes de xuño, tamén o mes do Orgullo, cunha charla coloquio con Carme Adán Villamarín sobre o que significa esta palabra no contexto do Orgullo LGTBI+ facendo especial incidencia nas persoas transexuais. A idea é visibilizar a estas persoas a fin de lograr a normalización e a convivencia respectuosa.
Nesta ocasión "inauguramos":
- a Aula 005, co nome das médicas Jimena e Elisa Fernández de la Vega, que foron explicadas por Valery Villamizar e Dalila Barrera,
Acabaron as clases de 2º Bacharelato. E para coller folgos e preparar moi ben as ABAU ou as materias que quedan por recuperar, o alumnado de 2º Bach foise de camiñata acompañados dos profes Xulia Abella e Roberto Varela. Fixeron a ruta do Loio, no concello de Paradela (Lugo). Nunha camiñata de máis de 8 Km, pasaron polo mirador de Cabodevila e polo único cemiterio galeguizado, o de San Fagundo. Acabaron a excursión dando un paseo libres pola cidade de Lugo.