O pasado venres 24 de xaneiro fomos en tren cun grupo de 10 alumnos e alumnas (desde 3º ESO ata 2º Bacharelato) para participar presencialmente na primeira fase da Olimpíada filosófica galega que nesta edición leva como título "O poder do mito". Pariticipamos nas modalidades de dilemas morais e de disertacións. mércores, 29 de xaneiro de 2020
A VII Olimpiada filosófica xa en marcha
O pasado venres 24 de xaneiro fomos en tren cun grupo de 10 alumnos e alumnas (desde 3º ESO ata 2º Bacharelato) para participar presencialmente na primeira fase da Olimpíada filosófica galega que nesta edición leva como título "O poder do mito". Pariticipamos nas modalidades de dilemas morais e de disertacións. domingo, 26 de xaneiro de 2020
Penso, logo...
Resultou divertido.
- Penso, logo falo.
- Penso, logo volvo pensar.
- Penso, logo actúo.
- Penso, logo río.
- Penso, logo me namoro.
- Penso, logo xogo.
- Penso, logo tento esquecer.
- Penso, logo estudo.
- Penso, logo odio.
...
xoves, 19 de decembro de 2019
Empezamos proxecto con SI
Os pasados luns 16 e martes 17 recibimos a Clara e Carolina de Solidaridade Internacional, con quen comezamos un novo de proxecto de "Horizonte 2030: Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora". Comezamos a situarnos no mundo para que logo nos poidamos centrar no Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e elixir a temática sobre a que traballaremos ata final de curso co obxectivo de realizar un proxecto desde unha problemática que nos afecte localmente e teña repercusión global. sábado, 30 de novembro de 2019
Infogramas de teorías da personalidade
Quedan aquí os infogramas realizados polo alumnado de 4º ESO sobre as principais teorías da personalidade:
- Psicanálise, de Freud (Uxía e Inés):
- Psicanálise, de Freud (Uxía e Inés):
xoves, 28 de novembro de 2019
#LugrisenNegro

O pasado 25 de novembro quixemos simbolizar a nosa dor polas mulleres asasinadas a causa da violencia machista vestíndonos de negro.
Grande parte dos carteis foron realizados e colgados polo alumnado de 4º ESO, de Filosofía. Tamén foron os encargados de pasar polas aulas de todo o centro para comunicar esta proposta.
Ademais, antes do recreo as rapazas e rapaces de Oratoria (de 1º Bach) leron un manifesto, que podedes escoitar en dúas versións nos enlaces aos podcast que deixamos a continuación:
- 25N grupo 1. Voces de: Alexandru, Adela, Martina, Maia, Paula, Mohamed e Pablo.
- 25N grupo 2. Voces de: Alexandru, Fernanda, Maytana e Daria.
![]() |
| A punto de ler o manifesto do 25 N |
sábado, 22 de xuño de 2019
Yin yang mariño

No Festival de fin de curso que se realiza todos os anos o último día de clase no Centro Cívico de Os Mallos, o alumnado de 4º ESO presentou a pancarta e o yin yang realizados nas clases de plástica (e outras) como parte da acción transformadora "O lixo reemprazou o noso mar".
Todo dentro do proxecto "Horizonte 2030" de Solidaridade Internacional.
Aquí quedán algunhas imaxes do yin yang xa rematado:
Lembrade reducir o uso de plásticos e, en todo caso, tiralo no contedor correspondente. Os océanos non poden con 12 millóns de toneladas de plásticos que cada ano acaban nas súas profundidades.
Bo verán!
Etiquetas:
4º ESO,
O lixo reemprazou o noso mar,
Obxectivo nº 14,
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible,
Plástica,
Solidaridade Internacional,
Valores éticos,
yin yang
luns, 27 de maio de 2019
O lixo reemprazou o noso mar

Continuando co proxecto que iniciamos con Solidaridade Internacional, "Horizonte 2030: Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora", o alumnado de 4º ESO decidiu centrarse no Obxectivo 14 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: conservar e utilizar en forma sostible os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sostible.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




