Boas, deixo aquí unha montaxe coas frases que senten como inspiradoras os nosos rapaces e rapazas de 1º e 2º ESO. (Non conseguín meterlle música gratis, así que propóñovos que lle poñades vós a que máis vos guste mentres o vedes). Moito ánimo. Que o gocedes!
Está feito con genial.ly, unha aplicación que está moi ben para facer presentacións, vídeos, infografías, xogos...
Mentres se me vén á mente Ana Frank encerrada e síntome afortunada por poder pasear coas cadelas..., mentres cartesianamente me sinto como nun soño ou pesadelo do que non sei se estou a piques de espertar..., mentres empezo a perder un pouco a noción do tempo e xa me parece que o que fixemos hai catro días foi hai catro meses...
Luns e martes (2 e 3 de marzo) estiveron con nós Clara e Ángela de Solidaridade Internacional para facer o segundo obradoiro do proxecto "Horizonte 2030: construindo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora".