Este pasado xoves tivemos o pracer de compartir unha charla (mediada por pantallas) coa cantareira María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés. As preguntas de rapazas e rapaces de 4º ESO conduciron a que Sés nos falara con forza, anécdotas e argumentos do valor da nosa lingua, da discriminación das mulleres no mundo musical (con exemplos como a estrañeza ante unha muller na mesa de son ou tocando determinados instrumentos), ao igual que nas demais esferas sociais, de como compón, da súa traxectoria etc. Soubemos detalles dela como que empezou falar galego aso dezasete anos, que lle gustan os callos, que fala varios idiomas, que se inspira en todo o que lle rodea... que se implica e compromete co que lle importa... e moito máis.
domingo, 13 de decembro de 2020
sábado, 28 de novembro de 2020
Aplauso pola loita contra a violencia machista
"Sabemos das miles de asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas, das nenas e nenos que quedaron en situación de orfandade por unha violencia irracional.Por suposto, toda forma de violencia parécenos execrable, incluida a que se exerce sobre os homes, as persoas estranxeiras, nenos e nenas, animais etc.
Sabemos das mil formas de violencia que se exercen sobre as mulleres cada día debido a estereotipos gravados no máis profundo e moi difíciles de arrancar. Desde micromachismos ata trata de mulleres, desde insultos ata palizas, desde desprezos ata invisibilizacións).
Non esquecemos as 40 asasinadas no que vai de ano, nin as máis de mil desde que se fai reconto. Pero agora queremos pedirvos un minuto de aplausos polas moitas máis que lograron refacer as súas vidas, pola solidariedade entre mulleres para darnos forza e polos moitos homes que cada vez máis son capaces de tratar de igual a igual a todas mulleres.
Por todas elas e eles... Porque así lograremos ir construindo un mundo mellor!!! "
domingo, 25 de outubro de 2020
Nubes de palabras orientais
O alumnado de 4º ESO está a facer nubes de palabras sobre o pensamento oriental do século V a.C., a mesma época en que se estaba iniciando a filosofía como saber racional en Grecia. Nelas recollen os conceptos que lles parecen chave das diversas concepcións. Aquí fican algunhas delas:
xoves, 1 de outubro de 2020
Comezamos novo curso preguntando con Mafalda
Xa está en marcha o novo curso, no inicio da segunda década deste século. Costou arrancar a causa da COVID, pero xa case levamos unha semana de camiño.
Puxémonos xa a facernos preguntas para tratar de desentrañar a complexidade do presente. Ou sexa, para buscar orientación neste momento que semella tan caótico... e fascinante, pola novidade que trae consigo.
E nestas estabamos cando aconteceu a morte de Quino, o creador, alá polo1964, da inmortal e filosófica Mafalda. Lembramos as súas preguntas e retámonos a cuestionarnos con ela:
Que a sorte nos acompañe na nosa particular busca da sabedoría!
sábado, 30 de maio de 2020
Practicando os niveis morais de Kohlberg
Sobre os niveis de desenvolvemento moral temos aquí un bo montón de infografías e presentacións realizadas polo alumnado de Filosofía de 1º Bach durante o confinamento (maio 2020). E tamén un "breakout" para poñer a proba os nosos coñecementos sobre este tema.
luns, 25 de maio de 2020
Sobre Marx
Para repasar a Karl Marx temos esta esclarecedora infografía sobre o seu contexto, vida e obra. Realizada por Paulo Varela Amboage.
domingo, 17 de maio de 2020
Desde a miña ventá
Deixo aquí as fotos que rapazas e rapaces realizaron desde a súa ventá nestes días de confinamento. Dalgún xeito creo que pode servir para fixar na memoria algunhas das imaxes destes estraños tempos.
Coidádevos moito
Coidádevos moito
domingo, 26 de abril de 2020
Necesitamos profesores de virtude?
Tedes a continuación a disertación de Daniel Rosua, de 2º Bach, en relación á ética kantiana.
Necesitamos profesores de virtude?Os humanos somos animais sociais, o coma dicía Aristóteles zoon politikón. Tendemos a agruparnos e buscar a compañía dos demais, quizais porque tememos estar sos, ou quizais porque necesitamos cariño.
O caso é que cando os seres humanos xuntámonos, establecemos unha serie de valores ou virtudes que toda a congregación segue, pois son o “ben”. Esta serie de valores cambia é distinta de acordo co lugar, a relixión e a cultura, e pode cambiar ao longo do tempo nun mesmo sitio.
Immanuel Kant propuxo que non son necesarios os profesores da virtude referíndose ao ensino de ética á mocidade, pois xa todos os seres humanos sabemos dentro de nós o que é correcto, e o que non necesitamos adestramento na nosa moralidade.
Se
ese é o caso, entón por que en unha gran maioría de países do
Medio Oriente ser homosexual é castigado coa morte, mentres que no
mundo Occidental o simple feito de xulgar a alguén pola súa
sexualidade xa é considerado aborrecible? Por que en moitas culturas
asiáticas considérase que pegar aos fillos é un método de
disciplina apropiado e aquí non?
Etiquetas:
1º Bach,
2º Bach,
Daniel Rosua,
Ética,
Kant
sábado, 4 de abril de 2020
Sobre o confinamento e a liberdade
Deixo aquí as reflexións de Miguel Pérez Redondo, de 2º de Bacharelato, sobre a situación que estamos a vivir.
![]() |
Ana Frank |
«Ao longo da historia da humanidade existiron múltiples circunstancias
que obrigaron ao ser humano a verse sometido a un período de
confinamento voluntario como pode ser no caso de atoparse nunha
situación de epidemia coma a que nós estamos a vivir ou a que
puideron vivir outras persoas en tempos por exemplo da peste ou ben
por confinamento obrigado como podería ser o encarcelamento de
numerosos intelectuais durante a Guerra Civil Española ou noutros
réximes políticos coma o holocausto nazi.
domingo, 29 de marzo de 2020
Palabras que nos inspiran
Boas, deixo aquí unha montaxe coas frases que senten como inspiradoras os nosos rapaces e rapazas de 1º e 2º ESO.
(Non conseguín meterlle música gratis, así que propóñovos que lle poñades vós a que máis vos guste mentres o vedes).
Moito ánimo. Que o gocedes!
Está feito con genial.ly, unha aplicación que está moi ben para facer presentacións, vídeos, infografías, xogos...
(Non conseguín meterlle música gratis, así que propóñovos que lle poñades vós a que máis vos guste mentres o vedes).
Moito ánimo. Que o gocedes!
Está feito con genial.ly, unha aplicación que está moi ben para facer presentacións, vídeos, infografías, xogos...
domingo, 15 de marzo de 2020
Lembranzas do Teatro clásico grecolatino (Troianas e Aulularia)

venres, 13 de marzo de 2020
2º obradoiro con S.I., pensando nos nosos proxectos
Luns e martes (2 e 3 de marzo) estiveron con nós Clara e Ángela de Solidaridade Internacional para facer o segundo obradoiro do proxecto "Horizonte 2030: construindo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora".
Logo de saber cales son os 17 Obxectivos de desenvolvemento sostible 1º A elixiu traballar no Obxectivo 5: "Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas".

E 1º B decidiu centrarse no Obxectivo 13: "Combater o cambio climático e os seus efectos".
Etiquetas:
1º ESO,
igualdade,
medio ambiente,
Obradoiro,
Obxectivo nº 13,
Obxectivo nº 5,
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible,
Solidaridade Internacional,
Xogo de rol
sábado, 22 de febreiro de 2020
De novo en Santiago, filosofando
mércores, 29 de xaneiro de 2020
A VII Olimpiada filosófica xa en marcha

domingo, 26 de xaneiro de 2020
Penso, logo...
Resultou divertido.
- Penso, logo falo.
- Penso, logo volvo pensar.
- Penso, logo actúo.
- Penso, logo río.
- Penso, logo me namoro.
- Penso, logo xogo.
- Penso, logo tento esquecer.
- Penso, logo estudo.
- Penso, logo odio.
...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)